Domingo, Outubro 25

Entrega de premios do I Concurso de Poesía do Concello de Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O pasado venres tivo lugar na Casa do Concello o acto de entrega de premios do I Certame de Poesía convocado con motivo das Letras Galegas, adicado ao autor ferrolán Ricardo Carvalho Calero. Esta cerimonia fora adiada desde o mes de maio por mor da situación epidemiolóxica da COVID-19.

O acto estivo presidido por María Muíño, deputada provincial de normalización lingüística, e nel participaron a concelleira de normalización de Cabanas, Paula González, o alcalde, Carlos Ladra, e o membro do xurado, o autor Antonio Fraga. Desculpou asistencia a tamén membra do xurado Eva Veiga, mais enviou unha intervención para ser lida durante o acto.

Durante o mesmo, as premiadas deron lectura ás súas obras, que foron as seguintes:

  • Categoría adulta: “A perda”, de María Esther Val.
  • Categoría xuvenil: “Versus corona versus”, de Ana Fraile.
  • Categoría infantil: premio ex aequo para as obras “O noso virus”, de Icía María Izquierdo, e “Vaite COVID-19”, de Manuela Feal.

Imaxes do acto:

Icía María Izquierdo

Manuela Feal

Ana Fraile

María Esther Val

Share.