Encontros arredor do Medio Ambiente no CEIP Eladia Mariño en colaboración co Concello de Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O CEIP Plurilingüe Eladia Mariño desenvolveu a semana pasada unha serie de encontros arredor do coidado do medio ambiente, para os que contou coa colaboración do Concello de Cabanas, dentro da estratexia Cabanas Sostíbel posta en marcha desde a área de medio ambiente. Estes encontros estiveron dirixidos ás alumnas e alumnos dos cursos de 3º, 4º e 5º de primaria.

Por unha banda, o alumnado de 3º e 4º de primaria recibiu a visita de Miguel Anxo Romero, autor – xunto co debuxante Leandro Lamas – da obra “Unha ollada a Viladoce”. Trátase dun libro que axuda a reflexionar a rredor dos valores medioambientais, situándose no máis próximo. O Concello facilitou a entrega dos libros para todas as familias, e o alumnado destes cursos puido compartir as súas reflexións co autor, que regalou castañas a toda a rapazada.

Por outro lado, o alumnado de 5º participou nun encontro co tenente alcalde e responsábel de medio ambiente, Iago Varela, no que se puxeron en común os plans do concello ligados ao coidado do medio, e no que as nenas e nenos puideron trasladar a súas demanadas. Como reducir o consumo de plásticos, separar correctamente ou desfacerse das máscaras de protección fronte á COVID de forma correcta foron algúns dos temas que se trataron neste encontro.

A través da estratexia Cabanas Sostíbel o Concello de Cabanas vén desenvolvento unha serie de actividades e campañas, como o reparto de composteiros e de bolsas reutilizábeis, o coñecemento do entorno a través de visitas guiadas ou a elaboración de estudos sobre a biota, entre outros.

Share.

Comments are closed.