Día da muller e da nena na ciencia

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Hoxe é o Día da Muller e da Nena na Ciencia, un día para recoñecer o seu papel fundamental nas comunidades de ciencia e tecnoloxía, así como que a súa participación debe fortalecerse para que sexa efectivamente plena e equitativa.

Desde o Concello de Cabanas quérese contribuír ao recoñecemento e á visualización das mulleres e nenas na ciencia e fomentar o seu legado ás novas xeracións a través do SORTEO do pack de libros “Pioneiras, Galegas que abriron camiño”, de Edicións Xerais.

Pioneiras fala de mulleres que conseguiron vencer as barreiras impostas ao seu xénero e dar os primeiros pasos por vieiros transitados até ese momento só por homes. Mulleres diversas, que no seu día foron pioneiras en diferentes ámbitos e cuxas historias merecen ser coñecidas e postas en valor. Mulleres como a científica Ángeles Vilariño, a primeira muller en participar nunha campaña oceanográfica e converterse en experta mundial en zooplancton mariño. Ou Ángela Ruíz Robles, precursora do primeiro libro electrónico. Ou Antonia Ferrín, a primeira astrónoma. Mulleres como Elisa Patiño, a pioneira aeronauta, e Manuela Barreira Pico, a primeira licenciada en Farmacia.

Se queres coñecer máis das súas vidas, tes que participar neste sorteo. Para facelo só tes que comentar nesta publicación do noso Facebook indicando por que che interesaría ter estes dous libros. Así de sinxelo!

Tes até mañá, 12 de febreiro, ás 10 h para participar. Moita sorte!

Share.

Comments are closed.