Mércores, Abril 24

Cursos de formación online ofrecidos pola Fundación Mujeres

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Durante este período de confinamento por mor do estado de alarma decretado polo goberno central, a Fundación Mujeres, coa que colabora o Concello de Cabanas, segue a impulsar cursos online destinados a mulleres, unha formación gratuíta para as usuarias accesíbel desde o campus virtual da Fundación, accesíbel desde a súa páxima web http://www.fundacionmujeres.es/

O principal requirimento é contar cun ordenador ou smartphone con conexión a Internet, aínda que tamén se ofrece a posibilidade de realizar asesorías telefónicas, adaptándose ás necesidades de cada persoa en particular.

Entre os cursos que están programados están os seguintes:

  • Técnicas de busca de emprego e marca persoal.
  • Habilidades dixitais para o emprendemento.
  • Manipulación de alimentos.

Máis información na web da Fundación, no teléfono 981294097 ou no correo galicia@fundacionmujeres.e

Share.

Comments are closed.