Curso gratuíto de monitores de surf da man da Mancomunidade

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A Mancomunidade de Concellos da comarca de Ferrol, coa colaboración coa Deputación da Coruña, organiza un curso de monitores de surf, que será impartido por persoal da Federación Galega. As persoas participantes poderán obter o título oficial de Adestrador Nacional en Surfing Nivel I.

Esta formación levarase a cabo en Valdoviño durante os meses de outubro e novembro, e conta cun total de 12 prazas gratuítas reservadas para persoas empadroadas en calquera dos 21 concellos que forman parte do destino turístico Ferrolterra – Rías Altas. Ademais de Cabanas, poden obtar a estas prazas as persoas empadroadas en Ares, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Pontedeume, As Pontes de García Rodríguez, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño e Vilarmaior.

Inscricións e proba de acceso

A inscrición poderá realizarse entre as 8.00 horas do luns 5 de outubro e as 12.00 horas do xoves 8 mediante un formulario que estará dispoñible na web da Federación Galega de Surf ou no seguinte enlace. As prazas asignaranse por rigoroso orde de entrada e estarán condicionadas á superación dunha proba de acceso.

O obxecto desta iniciativa é continuar desenvolvendo os servizos turísticos relacionados co surf, coa finalidade de xerar emprego e seguir consolidando a marca turística Costa das Ondas como destino sostible, que, ademais de dispoñer dun medio natural excepciónal, conta cunha oferta profesional de calidade.

A páxina web da Federación Galega de Surf conta cun apartado no que se pode acceder a información detallada sobre este tipo de cursos, que a entidade vén desenvolvendo en convocatorias previas que tiveron lugar noutros puntos da comunidade: http://www.fgsurf.org/.

Share.

Comments are closed.