Curso gratuíto de monitor de surf nivel 2

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol,  en colaboración coa Deputación da Coruña, ofrecerá un curso de monitores de surf de nível 2 a persoas empadroadas en calquera dos 21 concellos integrandes no Xeodestino Ferrolterra – Rías Altas, do que forma parte Cabanas. Esta iniciativa forma parte da aposta por desenvolver o turismo activo no territorio, aproveitando a visibilidade internacional do surf para crear emprego arredor deste deporte e do resto de actividades implicantadas no territorio (kaiak, roteiros a cabalo…).

O curso a impartir é o de ENTRENADOR NACIONAL EN SURFING NIVEL II (TDII), regulado na Resolución de 7 de febreiro de 2010, da Presidencia del Consejo Superior de Deprotes, poal que se publica o plan formativo da modalidade deportiva de surf (BOE 28/02/2012), e resulta necesario para a creación e mellora da calidade das escolas de surf do territorio.

As persoas interesadas deben inscribirse na web da Federación Galega de Surf – www.fgsurf.org – a partir do luns 28 de outubro ás 8.00 horas, e cumprir os requirimentos que se especifica en dita web. O prazo estará aberto até o 30 de outubro, mais as prazas serán outorgadas por rigorosa orde de inscrición. O curso é gratuíto, a excepción do importe das probas de acceso, que é reembolsábel.

Share.

Comments are closed.