Consulta sobre as necesidades de conciliación

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Desde as áreas de Cultura e Servizos Sociais ábrese un prazo de consulta ás familias sobre as necesidades de conciliación.

Desde o concello estase a estudar a implementación dun espazo para a conciliación destinado a nenas e nenos en idade escolar ata os 12 anos. O devandito espazo estaría destinado unicamente a familias empadroadas no Concello de Cabanas e que non conten con outras alternativas de conciliación persoal, familiar e laboral.

Esta consulta non supón unha inscrición ao espazo de conciliación, polo que no caso de facerse esta actividade abrirase un prazo preinscrición que será comunicado públicamente.

O prazo para que as familias que cumpran os requisitos indicados comuniquen o interese en participar neste espazo de conciliación será desde mañá mércores ata o ventres 19. As persoas interesadas deberán contactar a través do teléfono 981495959 (extensión 6 ou 3).

Share.

Comments are closed.