Martes, Xaneiro 19

Concerto a cargo de Keilin 5 Ensemble

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, a través da área de cultura, organiza un concerto de Keilin 5 Ensemble. Será o próximo venres 18 de decembro ás 18 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello.

Debido ás restricións sanitarias, o aforo está limitado, polo que é preciso realizar inscrición previa até o mércores 16 de decembro, a través do correo electrónico cultura@cabanas.gal ou chamando ao 981 495 959 (ext. 3). Será necesario facilitar os seguintes datos para completar a inscrición: nome e apelidos, DNI e data de nacemento.

Para completar as prazas seguirase a orde de inscrición.

Share.