Comezado o proceso selectivo de participantes no proxecto de inserción laboral “Inicia V”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A partir do próximo 15 de setembro levarase a cabo a quinta edición do proxecto formativo e de inserción laboral Inicia, dirixido á mocidade desempregada que queira mellorar as súas competencias de cara a súa integración laboral.

Este programa desenvolverase de maneira colaborativa entre os concellos de Cabanas, Fene, Ares, Mugardos e Neda, entre os cales se repartirán os 16 contratos de aprendizaxe ofertados ás mozas e mozos inscritas no programa de Garantía Xuvenil. Ademais, ofertánse catro postos temporais para a dirección e a docencia do taller.

As persoas aspirantes que cumpren cos requirimentos da convocatoria xa están a ser contactadas para que presenten – se están interesadas – as correspondentes solicitudes formais para participar nas probas, así como tamén a documentación acreditativa dos méritos que se han de valorar. Este trámite debe facerse no Rexistro Municipal do Concello de Fene – previa cita – ou a través da Sele Electrónica ou calquera das vías previstas na Lei de Procedemento Administrativo Común.

O programa Inicia V comezará o 15 de setembro deste ano, e se prolongará até o 14 de setembro de 2021, combinando a formación teórica e práctica. O curso será de Nivel 2 de fábrica e montaxe de instalacións e tobaxes industriais, para o cal se exixe ao alumnado aspirante, ademais de ter feita a inscrición previa no programa de Garantía Xuvenil, ser maior de 18 anos e contar con estudos rematados de ESO ou similar.

En total ofértanse 16 prazas, das cales a Cabanas correspóndelle unha. Sete serán para mozas e mozos de Fene, tres para Ares, tres para Mugardos e dúas para Cabanas.

Foto: César Galdo.

Share.

Comments are closed.