Martes, Xaneiro 19

Campaña sobre o uso de toalliñas nas EDAR

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, a través da área de servizos, vén de comezar unha campaña informativa para a mellora do rendemento nas estacións depuradoras de augas residuais (EDAR) de Porcar e Valedoso.

A través desta campaña estase a informar á veciñanza da gran cantidade de residuos que malia seren publicitados como biodegradábeis, realmente non o son, e supoñen un problema para a xestión das EDAR, como son as toalliñas hixiénicas ou o papel hixiénico húmido, entre outros.

“Pedimos a colaboración da veciñanza e a correcta reciclaxe destes produtos” sinalou a concelleira de servizos, Eva García, quen tamén aproveitou para lembrar neste tempo de pandemia que “nin luvas nin máscaras deben ser desbotadas no WC ou na rúa”.

Desde o Concello de Cabanas recoméndase á veciñanza levar sempre unha bolsiña para gardalas até poder seren depositadas en papeleiras ou colectores de lixo.

Share.