Sábado, Agosto 15

Cabanas únese a campaña provincial “Liberdade de Ser e Sentir” polo Día da Diversidade Sexual

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas participa da campaña “Liberdade de Ser e Sentir” posta en marcha pola Área de Igualdade da Deputación da Coruña, e que ten como principal obxectivo acadar a máxima implicación social na celebración do Día da Diversidade Sexual o próximo 28 de xuño.

Dadas as circunstancias, esta edición terá unha maior difusión a través de Internet, levando a cabo diversas accións e actividades a través da plataforma seresentir.galonde tamén se pode consultar a programación.

O público máis novo poderá gozar da actividade Planeta LGTB, da man de Felipe Díaz (Caxoto), na que a través de contacontos reflexionarase sobre a riqueza da diversidade e sobre o colectivo LGTB, mentres que para a adolesencia produciuse, en colaboración con Illa Bufarda, a webserie S.E.X., un proxecto de educación sexual. Así mesmo, na programación tamén se inclúe o concurso Balcóns da Diversidade, co que se convida a todas aquelas persoas interesadas en participar a que envíen fotografías dos seus balcóns decorados coas bandeiras do arco da vella.

Charlas temáticas

O programa de actividades tamén inclúe unha serie de palestras LGTBQI centradas na diversidade sexual, para falar dos dereitos, das barreiras e das liberdades. En concreto serán catro as charlas que se emitirán dentro do programa, e xirarán arredor da diversidade sexual no deporte, na infancia, na adolescencia e no tratamento informativo e da literatura.

Participarán as seguintes spersoas:

  • Visilibilidade LGTBQI+ no deporte, coa participación da Karateka Cristy Tojo e a xornalista Bárbara G. Vilariño.
  • Diversidade sexual na infancia e na adolescencia, coa participación de Inés del Río (pediatra e forma parte do comité de bioética da Asociación Española de Pediatría), Noemí Díaz (Rede de apoio LGTBQI+ nas escolas galegas) e Enrique Latorre, filósofo e investigador da USC.
  • Tratamento informativo do colectivo LGTBQI+ nos medios de comunicación, coa participación de Ángela Fernández (Colexio de Xornalistas de Galicia), Daniela Fernández (coordinadora do blog Corpos Incómodos) e a xornalista Bárbara G. Vilariño.
  • Literatura e diversidade sexual con María Reimóndez (tradutora, intérprete e escritora), Lucía Aldao (poeta e artista galega) e Martín Añel (do Club de Lectura LGTB Queeruña).

Forman parte desta campaña os concellos de Abegondo, Ames, Arzúa, Bergondo, Betanzos, Boiro, Boqueixón, Cabanas, Carballo, Carnota, Carral, Cedeira, Cee, Cerdido, Coirós, Corcubión, Coristanco, Culleredo, Dumbría, Fene, Fisterra, Lousame, Malpica de Bergantiños, Mancomunidade de Ordes, Melide, Moeche, Muros, Muxía, Negreira, Noia, Oroso, Ortigueira, Outes, Paderne, A Pobra do Caramiñal, Ponteceso, Pontedeume, As Pontes, Porto do Son, Rianxo, Rois, Sada, San Sadurniño, Santa Comba, Santiso, Sobrado, Teo, Toques, Tordoia, Trazo, Val do Dubra, Valdoviño, Vilarmaior, Vimianzo.

Share.