Sábado, Abril 27

Cabanas súmase ás reivindicacións da plataforma #PediatrasXa #MatronasXa

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

No Día da Infancia, o Concello de Cabanas quere amosar o seu apoio ás reivindicacións da plataforma PediatrasXa MatronasXa, creada co obxectivo de denunciar a falta – ou un servizo insuficiente – de matronas e pediatras en moitos concellos do territorio galego.

Esta falta de persoal dos servizos de pediatría e matronas conleva unha desigualdade fundamental no acceso á saúde. Así, no que respecta á atención das pequenas, a figura de “pediatra itinerante” fai que moitos concellos deban compartir pediatra, e que este só esté dispoñíbel certos días da semana. A isto hai que engadir a pouca estabilidade no posto das profesionais sanitarias, con cambios de persoal que imposibilitan un seguimento correcto das pequenas e pequenos. Ademais, tal e como sinalan desde a Asociación Española de Pediatría de Atención Primaria, un 11,99 % das prazas non son cubertas. Moi similar é a situación das matronas, con varios centros nos que non se cubren as baixas, polo que as mulleres embarazadas quedan desatendidas.

Por estas razóns, o Concello de Cabanas súmase hoxe á convocatoria impulsada por esta plataforma, compartindo unha imaxe en branco en negro cos brazos en cruz como símbolo de protesta.

 

Share.

Comments are closed.