Cabanas retransmitirá a sesión do pleno municipal por streaming

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas retransmitirá por streaming, a través das súas redes sociais, a próxima sesión do pleno municipal, prevista para o este mércores 27 de maio ás 19.30h.

Será a primeira vez que o Concello de Cabanas retransmita en directo unha sesión plenaria, e o obxectivo desta medida é contribuír a que a veciñanza poida seguir a actualidade municipal desde onde queira que se atope.

A posta en marcha desta medida coincide co primeiro pleno que o Concello de Cabanas celebra desde que estalou a crise da COVID-19, e será unha sesión atípica, xa que por motivos de prevención vaise celebrar a porta pechada.

A retransmisión do pleno municipal a través de Internet é unha das medidas incluídas no proceso de dixitalización do Concello postas en marcha polo goberno local a través da Concellaría de Innovación Tecnolóxica.

Share.

Comments are closed.