Cabanas reinicia as feiras ao aire libre o próximo 21 de xuño

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas vén de anunciar o reinicio da Feira do 21, tras o paralización da súa celebración pola crise da COVID-19. Porén, o Concello non festexará o 109 aniversario da feira como esta previsto, pospoñendo a xuño do 2021 (110 aniversario) a conmemoración.

A Feira do 21 celebrarase o próximo domingo 21 de xuño, baixo as limitacións establecidas na Fase 3 do proceso de desescalada (maior distancia e redución do número de postos), así como tamén co novo regulamento de feiras en vigor.

Para participar na Feira do 21 non é preciso inscrición previa, e tampouco haberá espazos asignados a cada posto, aínda que se vixilará a distancia entre os mesmos, así como a súa situación, que deberá ser sempre sobre a superficie pavimentada do Paseo Marítimo, deixando libres os accesos ao Piñeiral, bancos, colectores de lixo e papeleiras.

“A reactivación da feira supón ir recuperando pouco a pouco a normalidade, aínda que será unha feira diferente polas limitacións provocadas pola pandemia”, sinalou o tenente alcalde e concelleiro de promoción económica, Iago Varela. “Desde o Concello velarase polo cumprimento das medidas sanitarias en cuestións como a limpeza e o mantemento das distancias de seguridade”, concluíu.

Share.