Cabanas recuperará elementos naturais e de arquitectura tradicional en Soaserra

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, a través da Concellaría de Medio Ambiente, levará a cabo actuacións na parroquia de Soaserra destinadas á recuperación e mantemento de camiños e elementos arquitectónicos tradicionais.

As actuacións servirán para restaurar a fonte de Cerdeiras e recuperar o seu caudal, así como tamén para levar a cabo labores de limpeza e acondicionamento no entorno do lavadoiro e fonte de Soaserra, incluíndo a recuperación dunha ponte. Por último, contémplase a recuperación dunha parcela en Xabariz, na que se creará un espazo verde con árbores e bancos para o lecer.

“Os traballos que se executarán en Soaserra supoñen a recuperación de elementos patrimoniais como as fontes, e tamén a creación dun espazo de lecer para a veciñanza desta parroquia”, sinalou o tenente alcalde e responsábel da área de medio ambiente, Iago Varela.

As actuacións previstas supoñen un investimento de 15.766,91 €, e están vencelladas ás axudas a investimentos non produtivos para a realización de obxectivos agroambientais e climáticos no ámbito dos Parques Naturais de Galiza.

Share.

Comments are closed.