Sábado, Agosto 15

Cabanas recibe un traballador da Asociación de Municipios Mozambicanos

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O técnico da Asociación Nacional de Municipios de Mozambique, Onofre Muianga, pasará unha semana intercambiando coñecementos co persoal do Concello de Cabanas, dentro do programa “Vacacións con Traballo” do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Durante a súa estancia no Concello de Cabanas, Onofre integrarase nas áreas económicas de recadación e tesourería, co obxectivo de aprender e reforzar as capacidades dos municipios do Sur, contribuíndo ao tempo a sensibilizar sobre a súa situación e visibilizar as potencialidades.

“Con este intercambio favorécese a implicación de Cabanas na solidariedade internacional”, sinalou Paula González, concelleira responsábel da área de cooperación, quen tamén explicou que, ademais de traballo, a estancia tamén inclúe visitas turísticas e diferentes encontros con colectivos locais para favorecer o intercambio cultural.

O Fondo Galego de Cooperación ten apoiado en Mozambique unha decena de proxectos que nos últimos anos se veñen intensificando a partir da liña de traballo iniciada coa ANAMM. A última actuación levada a cabo foi a axuda de emerxencia facilitada a´vila de Nhamatanda, gravemente afectada polo paso do ciclón Idai.23

Share.