Domingo, Xaneiro 17

Cabanas realizará probas PCR tras detectar un positivo no cadro de persoal municipal

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas informa de que realizará probas PCR de coronavirus ao seu persoal tras ter sido detectado nunha proba aleatoria un caso positivo asintomático de COVID-19 no cadro de persoal municipal.

Malia que o protocolo de rastrexo activado polo SERGAS neste caso non considerou contacto estreito a ningunha outra persoa do cadro de persoal municipal, e polo tanto tampouco estableceu ningunha corentena preventiva ou probas PCR, o goberno municipal decidiu adoptar medidas máis restritivas e asumirá o custe de realizar probas PCR para as persoas que tiveron contacto co caso, ademais de establecer corentena preventiva para as persoas que tiveron un contacto máis estreito coa persoa afectada.

A natureza da ocupación da persoa afectada fai que as medidas non afecten a atención ao público na Casa do Concello, que continuará con normalidade coas medidas de organización e seguridade establecidas como até o de agora.

Share.