Sábado, Abril 20

Cabanas proxecta a longametraxe “Reboiras, acción e corazón”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas vén de programar a proxección da longametraxe “Reboiras, acción e corazón”, dirixida por Alberte Mera, para o próximo sábado 24 de outubro ás 19.30h no Salón de Plenos de Cabanas. Ademais da proxección, tamén haberá un coloquio co escritor Francisco Rodríguez.

No ano no que se cumpren 45 anos do seu asasinato, “Reboiras, acción e corazón” leva á pantalla a traxectoria da última vítima mortal da ditadura franquista en Galiza, Xosé Ramón Reboiras, a través de 29 entrevistas de testemuñas que con el partillaron diversas etapas da vida. Ademais, a obra recrea a través de secuencias de ficción as últimas horas de Reboiras, e recolle filmacións históricas e de arquivo.

O pase será gratuíto, e aquelas persoas interesadas en acudir deberán reservar a súa praza no correo normalizacion@cabanas.gal ou no teléfono 649 075 263.

Share.

Comments are closed.