Luns, Setembro 28

Cabanas pon en marcha un Servizo de Atención a Coidadoras

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, a través da Concellaría de Servizos Sociais, pon en marcha un Servizo de Atención a Coidadoras, destinado a aquelas persoas que son ou foron coidadoras de persoas dependentes.

Os talleres, que se impartirán nas mañás dos venres cunha duración de dúas horas, son totalmente gratuítos, e neles traballaranse hábitos saudábeis, a relaxación e a dixitalización.

Aquelas persoas interesadas en participar poden solicitar máis información ou inscribirse chamando ao 981 495 959 (ext. 2) ou por correo electrónico escribindo a servizos.sociais@cabanas.gal

 

Share.