Domingo, Outubro 25

Cabanas organiza unha “noite de morcegos” e acolle exposición temática

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, a través da Concellaría de Medio Ambiente, vén de organizar a actividade “Noite de morcegos”, unha xornada de campo para a observación de morcegos no entorno de Río Castro, en colaboración coa Asociación Drosera.

O obxectivo desta actividade é achegar á veciñanza ao mundo dos morcegos, aprendendo a escoitar e identificar a actividade dos mesmos, así como as técnicas empregadas para o seu estudo. Celebrarase o sábado 3 de outubro, cunha limitación de quince prazas, e precisa de inscrición previa no correo medio.ambiente@cabanas.gal ou no teléfono 649 075 263.

En paralelo, a Casa do Concello de Cabanas acolle desde hoxe a exposición “Morcegos de Galiza”, que a través de varios paneis informativos achega ás persoas visitantes ao coñecemento dos quirópteros galegos e a súa importancia na conservación do medio.

“A actividade enmárcase dentro da estratexia Cabanas Sostíbel, na que se engloban diversos plans de concienciación ambiental, así como roteiros interpretativos e actividades para a mellora do medio”, sinalou o tenente alcalde e concelleiro da área, Iago Varela.

Share.