Cabanas organiza unha charla sobre as novas condicións para plantar patacas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Logo do levantamento da prohibición de plantar patacas debido á couza guatemalteca, e a incorporación como “zona tampón”, o Concello de Cabanas organiza unha charla en colaboración coa Consellaría do Medio Rural para dar a coñecer as novas condicións impostas ás plantacións. Dita xornada terá lugar o luns 27 de xaneiro ás 19.30h no Salón de Plenos da Casa do Concello, e contará coa presenza de persoal técnico da Área de Sanidade Vexetal da Consellaría do Medio Rural, que se encargará de explicar as novas condicións para plantar pataca e resolverá as dúbidas que poida ter a veciñanza.

Share.

Comments are closed.