Martes, Xaneiro 19

Cabanas organiza un mercado de Nadal con artesanía e produtos de alimentación

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +
O Concello de Cabanas organiza o próximo domingo 15 de decembro o “I Mercado de Nadal”, unha cita na que as visitantes poderán ver e mercar produtos de artesanía e alimentación, ademais de desfrutar de actividades complementarias durante todo o día.
O mercado celebrarase no Pavillón de Lavandeira entre as 11 e as 20 horas, tempo no que as visitantes poderán facer as súas compras de agasallos de artesanía ou produtos de alimentación. Ademais haberá diferentes obradoiros destinados ao público infantil durante todo o día, como un de decoración de galletas con motivos de Nadal ou de creación de adornos.
De cara á hora do xantar, as visitantes poderán desfrutar dunha gastroneta con hamburguesas de vaca cachena certificada, e para as máis larpeiras, pola tarde haberá unha chocolatada con churros. Así mesmo, en colaboración coa Asociación de Mulleres Cabanas Rural, arredor das 17 horas chegará o Apalpador con agasallos para os máis pequenos.
“O Mercado de Nadal será unha gran oportunidade tanto para adiantar as compras de Nadal como para desfrutar dunha xornada en familia”, sinalou o tenente alcalde e concelleiro de promoción económica e comercio, Iago Varela, quen tamén destacou o traballo do goberno para “pór en valor os mercados en Cabanas cun calendario de feiras temáticas ao longo de todo o ano”.
Share.