Cabanas organiza un contacontos online este venres

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas organiza para este venres un contacontos da man de Caxoto Cativo baixo o nome de “Contos co mar de fondo”.

Trátase dunha actividade que se realizará a través de YouTube no marco do proxecto de acompañamento emocional para as familias “Embarcas?”, creado pola empresa de intervención socioeducativa Atalaia Social para o Concello de Cabanas.

O obxectivo de proxecto “Embarcas?” é xerar un espazo común para tecer redes sociais desde unha perspectiva emocional nestes tempos de confinamento e illamento social.

Caxoto amenizará ás familias cos seus contos o próximo venres 15 de maio ás 18.00h, un evento aberto que se poderá seguir a través do Facebook do Concello de Cabanas e de Tempo de Familias .

 

Share.

Comments are closed.