Martes, Xaneiro 19

Cabanas mellora a cobertura móbil co despregamento de 4G na banda de 800 MHz

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas informa de que as operadoras de telefonía móbil Telefónica, Vodafone e Orange conclúen esta semana o proceso de implantación dos servizos 4G na banda de 800 MHz, co acendido dun novo nodo en Laraxe para dar servizo a boa parte das parroquias de Laraxe, Porto, Cabanas, Salto e Regoela.

Esta nova tecnoloxía permite desfrutar de conexións móbiles de alta velocidade sobre tecnoloxía LTE (4G), cunha maior cobertura en interiores e maior alcance xeográfico, como preámbulo para o despregamento masivo das redes 5G.

Este despregamento é resultado da posta en marcha da emisión do 4G na banda de 800 MHz, próxima á TDT. Por iso, desde o Concello de Cabanas infórmase á veciñanza de que no caso constatar un empeoramento do sinal de televisión por mor destes cambios, deben dirixirse ao teléfono de atención gratuíto 900 833 999.

Share.