Cabanas lanza un programa de axudas ao transporte para estudantes

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, a través da Concellaría de Mobilidade, vén de lanzar un programa de axudas ao  transporte para estudantes que cursen ciclos formativos de grao superior ou estudos universitarios nas cidades de Ferrol, A Coruña ou Santiago de Compostela.

“O obxectivo desta proposta é contribuír no custe do transporte para facilitar o acceso aos estudos á mocidade de Cabanas”, sinalou Iago Varela, tenente alcalde e concelleiro de mobilidade, quen tamén adiantou que o goberno municipal traballa para incrementar a partida destinada a este cometido nos Orzamentos municipais para o 2020.

Tras a súa publicación no BOP deste xoves 26 de setembro, as persoas interesadas en optar a estas axudas poden presentar as solicitudes no Rexistro do Concello de Cabanas ou a través da Sede Electrónica nos próximos 10 días naturais.

Modelo solicitude (Descargar)

Bases BOP_transporte

Share.

Comments are closed.