Cabanas inicia unha nova campaña de rozas nos camiños municipais

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +
O Concello de Cabanas informa de que esta semana comezaron os traballos de roza nas marxes das pistas e camiños municipais, uns traballos que se estenderán ao longo das próximas semanas.
“Darase prioridade aos camiños con maior tráfico rodado e as súas vías anexas”, sinalou a concelleira de servizos, Eva García, quen explicou que se levou a cabo unha planificación dos traballos “tendo en conta as zonas de maior crecemento de vexetación”.
Desde o Concello de Cabanas recórdase tamén o vigor do bando que lembra á veciñanza a obriga de cumprir coas distancias entre plantacións e vías públicas, tal e como se recolle a normativa da Xunta sobre prevención de incendios. Estableceuse o prazo voluntario do 31 de marzo, tras o cal o Concello de Cabanas poderá exercer as actuacións de forma subsidiaria, trasladando os custes dos traballos ás persoas propietarias, de ser o caso.
Eucaliptos e piñeiros deben afastarse un mínimo de 10 metros das estradas e vías do ferrocarril, e cando menos 4 metros das pistas forestais. No caso de castiñeiros, carballos, cerdeiras, bidueiros e outras frondosas caducifolias, a obriga de separación é de 4 metros con respecto ás estradas e 2 das pistas forestais.
Share.