Luns, Setembro 28

Cabanas exíxelle á Xunta transparencia nos datos de positivos por COVID19

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas exíxelle á Xunta de Galicia e á Área Sanitaria de Ferrol transparencia nos datos do número de casos positivos activos, logo de terse que enterar polos medios de comunicación da presenza de casos presuntamente positivos no termo municipal, o último na residencia DomusVi de Laraxe.

O goberno local de Cabanas considera “preocupante” terse que enterar pola prensa da presenza de casos positivos, mentres que “nin o SERGAS nin a Área Sanitaria de Ferrol comunican esta información de maneira oficial”, e critica a “falta de lealdade institucional do goberno de Núñez Feijóo, que oculta esta información aos concellos”. Reclámanlle desde o goberno local “transparencia total, como ofrecen outras Comunidades Autónomas do Estado”.

Por outra banda, o goberno de Cabanas tamén denuncia a deixadez de funcións da Xunta de Galicia na volta ás aulas, e reclámalle “que asuma os custes extra das desinfeccións”, que terá que asumir o Concello de Cabanas ante a inacción do goberno galego na asunción das súas competencias en materia educativa.

Reactivación da Comisión COVID-19

Por outra banda, o goberno local de Cabanas decidiu reactivar a Comisión COVID-19, creada durante o Estado de Alarma, que se reunirá con carácter semanal desde esta mesma semana.

Share.