Cabanas destina 6.200 € á reparación de fochancas nos viais municipais

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, a través da Concellaría de Infraestruturas, vén de poñer en marcha un plan de reparación de fochancas nas sete parroquias do concello, incluíndo tamén as rúas do Polígono Industrial de Vilar do Colo.

Con carácter previo a estas actuacións o Concello levou a cabo unha inspección de todos os viais municipais para atopar os puntos máis conflitivos en cada parroquia, e actuar para poñerlle solución.

“Estes traballos supoñen un investimento de 6.200,15 € e servirán para reparar fochancas en pistas que nalgúns casos levaban máis dun lustro sen recibir ningunha actuación de mantemento” sinalou a responsábel da área de infraestruturas, Concepción Rodríguez.

Plan de mellora das pistas municipais

A maiores dos traballos de reparación de fochancas, desde a Concellaría de Infraestruturas estase a traballar en diferentes proxectos para a mellora de pistas municipais, algúns con presuposto propio e outros con cargo a plans de obras cofinanciadas pola Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia

Share.

Comments are closed.