Martes, Decembro 1

Cabanas destina 40.000 euros a axudas a persoas autónomas afectadas pola crise da COVID-19

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas anuncia que destina 40.000 euros a unha primeira liña de axudas destinadas ás persoas autónomas que tiveron que cesar a súa actividade o 13 de marzo como consecuencia da crise sanitaria da COVID-19.

As persoas que cumpran cos requirimentos (estar de alta no IAE e desenvolver a actividade subvencionábel en Cabanas, ademais de estar ao corrente das obrigas tributarias), opta a unha axuda máxima de 600 euros, que poden ser destinados a cubrir gastos como o alugueiro do local da actividade, gastos de xestoría, cotas da seguridade social ou nóminas de empregadas por conta allea.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días, a contar desde o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOP, e os criterios de valoración poden sumar un máximo de 10 puntos, non valorándose xornadas inferiores ás 20 horas semanais.

  • 2 puntos por ter suspendida a actividade ao establecido no RD 463/2020 do 14 de marzo;
  • 2 puntos por ter un/ha empregado/a por conta allea;
  • 4 puntos por ter 2 empregados/as por conta allea;
  • 5 puntos por 3 ou máis empregados/as por conta allea;
  • 1 punto por cada mes de mantemento da actividade desde a reapertura (cun máximo de 3 puntos).

“Con esta liña de axudas queremos contribuír a manter o emprego nunha situación complicada polas restricións derivadas da pandemia”, sinalan desde o goberno de Cabanas, que tamén avanza que nos próximos días anunciará novas medidas de promoción económica para favorecer o comercio e consumo local.

Share.