Mércores, Outubro 28

Cabanas convoca unha praza de persoal técnico de turismo

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas vén de abrir a convocatoria para a selección dunha persoa para a praza de persoal técnico de turismo, para o servizo de promoción turística do concello, na Oficina de Información situada no Parque do Areal.

Tal e como figura na convocatoria, publicada no BOP do venres 29 de maio, que se pode descargar ao final deste mesmo artigo, poden optar á praza as persoas con titulacións vencelladas á área, como os graos de Turismo, Humanidades, Xeografía ou Historia da Arte, entre outras. As persoas interesadas deben presentar as solicitudes ata o día 5 de xuño.

“Nun concello como Cabanas, no que o turismo supón un peso importante para a súa economía, este persoal resulta fundamental, e máis ás portas dunha tempada marcada pola crise da COVID-19” sinalou o tenente alcalde e responsábel da área, Iago Varela

Share.