Domingo, Agosto 9

Cabanas contratará dez persoas para a limpeza de praias

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas anuncia a contratación de dez persoas dentro do Programa de Limpeza de Praias da Deputación da Coruña para a realización de traballos de limpeza e mantemento na zona da Praia e Piñeiral da Madalena, ademais das praias de Chamoso e Río Castro.

Trátase de dez contratos ao 75 % da xornada, cunha duración de tres meses e unha retribución de 831,25 € mensuais, incluído o rato de pagas extra.

As persoas interesadas dispoñen de prazo até o martes 7 de xullo, incluído, para presentar as correspondentes solicitudes. Deberán anexar tamén copia do DNI e resto de documentación requirida no artigo 5 das bases publicadas no BOP, que se poden consultar nesta ligazón.

Share.