Martes, Xaneiro 19

Cabanas completa as actuacións de mellora nos patios abertos do CEIP Eladia Mariño

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, a través da área de infraestruturas, vén de completar as actuacións de mellora nos patios abertos do CEIP Plurilingüe Eladia Mariño, unhas actuacións que tiñan como principais obxectivos a posta en valor do entorno e a adecuación para o seu uso durante todo o ano.

Entre os traballos realizados no marco destas actuacións, destacan a mellora na drenaxe e os firmes dos patios, así como o tratamento das súas áreas verdes. En total, o conxunto das obras supuxeron un total de 19.618,33 €, que foron financiados con fondos propios.

“A adecuación dos patios abertos do CEIP Eladia Mariño responde a unha vella demanda da comunidade educativa, e chega nun momento no que se está a apostar polas actividades ao aire libre pola situación epidemiolóxica”, concluíu Concepción Rodríguez, concelleira responsábel da área.

Share.