Martes, Decembro 1

Cabanas completa as actuacións de mellora no sendeiro costeiro

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, a través da área de turismo, vén de concluír os traballos de mellora da senda que percorre a costa do municipio, desde a Praia da Madalena até Río Castro, pasando polo areal de Chamoso.

No concreto, as actuacións levadas a cabo nas últimas semanas serviron para amañar a escaleira que ascende desde a praia da Madalena, instalar unha varanda na escaleira que baixa cara a praia de Chamoso, consolidar e ensanchar varios treitos de camiño e instalar varandas de protección. Tamén foi instalada sinalización de seguimento do percorrido e paneis de situación nos tres areais.

“Os traballos realizados eran urxentes e imprescindíbeis para mellorar a seguridade nunha das sendas máis percorridas do noso concello, e que estaba gravemente afectada pola erosión costeira”, sinalou o tenente alcalde e concelleiro da área de turismo, Iago Varela. O concelleiro tamén puxo en valor a nova sinalización turística instalada no percorrido que “facilita o acceso á información da ruta desde terminais móbiles grazas ao uso de códigos QR”.

Estas actuacións supuxeron un investimento de 43.628,97 €, e foron financiadas a través dun convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galiza, cunha aportación e o Concello de Cabanas.

 

Share.