Sábado, Agosto 15

Cabanas completa a primeira revisión do trampeo da velutina

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Esta semana realizouse a primeira revisión e reposición de atraínte nas trampas colocadas polo Concello de Cabanas en todas as parroquias do termo municipal de Cabanas.

A concelleira responsábel da área de servizos, Eva García, valorou positivamente esta primeira revisión “nesta primeira fase obtívéronse moi bos resultados, cun total de 298 raíñas capturadas”

Desde o Concello de Cabanas recoméndase a toda a veciñanza que continúen a colocar trampas caseiras nas súas hortas, fincas e xardíns. “A experiencia destes anos lévanos a recomendar que as froiteiras e as camelias seguen a ser os lugares máis axeitados para a súa colocación”, comentou Eva García, quen tamén indicou que “as mixturas caseiras, como as de cervexa e viño, son as que mellores resultados dan á hora de atraer á vepa velutina cara as trampas”.

Desde o Concello de Cabanas agradécese a colaboración voluntaria e desinteresada da bióloga local Eva Pico e do voluntariado de Protección Civil na loita contra a praga da vespa velutina, para conseguir que o trampeo sexa moito máis eficaz

Share.