Cabanas chama a participar na andaina “Primavera no Camiño”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas anuncia a súa participación na Andaina “Primavera no Camiño”, unha actividade que se desenvolverá simultaneamente o sábado 4 de xullo nos concellos pertencentes á Asociación de Concellos do Camiño Inglés.

O obxectivo desta actividade é realizar unha peregrinación segura no Camiño Inglés dentro do territorio de cada concello. Así, en todos os concellos á mesma hora – a partir das 10h do 4 de xullo – percorrerase o treito correspondente ao Camiño Inglés.

No caso concreto de Cabanas, a andaina partirá do Polígono de Vilar do Colo, percorrendo o tramo local do Camiño Inglés polo municipio até completar a etapa no Parque do Areal, nas inmediacións da Oficina de Información Turística.

Co obxectivo de cumprir coas medidas sanitarias previstas pola crise da COVID-19, establécese un limitación de prazas a un total de 50 persoas, que deberán inscribirse previamente en turismo@cabanas.gal ou a través do 981 495 959 (ext. 3) indicando nome e apelidos, DNI, data de nacemento e localidade de orixe. Ademais, será necesario que todas as persoas participantes usen máscara cando non sexa posíbel manter a distancia de seguridade.

Share.

Comments are closed.