Cabanas celebra o Magosto e Samaín con actividades para todos os públicos

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +
O Concello de Cabanas celebrará este xoves, 31 de outubro, o seu particular Magosto e Samaín, un evento no que tanto nenos como adultos poderán desfrutar do mellor do Samaín ao tempo que comen unhas castañas.
A festa comezará ás 18.30h coa festa infantil, na que haberá actividades como música, bailes, contacontos e outros xogos, ademais dunha chocolatada con churros e outras alternativas para as persoas celíacas.
A partir das 21.00h comezará a festa para adultos, amenizada por Ángel Maracaibo. Por un prezo de 4 €, os asistentes poderán disfrutar de castañas asadas, liscos, pan, auga, viño e queimada.
Tanto a festa infantil como a de adultos celebraranse nas instalacións da Sociedade de Santa Cruz do Salto.
Share.

Comments are closed.