Mércores, Outubro 28

Cabanas aporta conexión a Internet ao alumnado do CEIP Plurilingüe Eladia Mariño

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +
 Concello de Cabanas, a través da Concellaría de Innovación Tecnolóxica, fixo entega hoxe de cinco módems USB e as respectivas tarxetas SIM de datos, que se repartirán ás famílias sen acceso á rede, garantindo o acceso á teledocencia a todos os escolares do concello.
Esta medida xurde dunha colaboración entre o Concello e o CEIP Plurilingüe Eladia Mariño, que á súa vez cede ordenadores ás famílias que non dispoñen deles nas súas vivendas para poder acceder aos contidos.
Desde a suspensión das aulas, o Concello de Cabanas mantense en contacto permanente co CEIP Plurilingüe Eladia Mariño e os IES Fraga do Eume e IES Breamo, nos que o alumnado de Cabanas cursa secundaria, co fin de cubrir todas as necesidades derivadas do novo método de docencia non presencial.
Share.