Sábado, Abril 20

Cabanas apoia as reivindicacións do comité de empresa de Siemens Gamesa

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O pleno do Concello de Cabanas, reunido onte, acordou de maneira unánime realizar unha declaración institucional de apoio ás reivindicacións expostas polo comité de empresa da factoría Siemens Gamesa das Somozas.

Tal e como trasladou este comité ao Concello de Cabanas, a planta – que conta con 300 empregados – só ten garantida a carga de traballo até finais de ano, e os movementos da empresa aventuran unha posíbel deslocalización da produción, o que suporía o despedimento ou a recolocación de boa parte das traballadoras e traballadores da firma.

Desde o Concello de Cabanas óllase con preocupación a situación industrial da comarca, que nos último anos sufriu numerosos peches e deslocalizacións, e úrxese a todas as partes implicadas a dar solucións a estas problemáticas.

Foto: José Pardo

Share.

Comments are closed.