Venres, Agosto 14

PXOM

O Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) foi aprobado provisionalmente polo pleno do 31 de outubro de 2018. Neste punto depende da Xunta de Galicia aprobalo definitivamente ou solicitar modificacións ao mesmo.

A documentación que se pode consultar a continuación inclúe, ademais do documento aprobado no 2018, o expediente aprobado inicialmente polo pleno do 29 de xaneiro de 2013.

En cumprimento coa LOPD non se inclúen os documentos que conteñen datos de carácter persoal (informe de alegacións e convenio urbanístico F.L.A. – Irís).

Para calquera consulta sobre o PXOM, as persoas interesadas poden dirixirse aos servizos municipais do Concello de Cabanas, previa cita, a través do 981 495 959.

Documentación.