Luns, Setembro 28

Aprazado o inicio de curso das actividades culturais e deportivas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas informa de que decidiu adiar o inicio de curso das actividades culturais e deportivas debido á situación epidemiolóxica da COVID-19.

Tanto o tamaño dos locais municipais nos que habitualmente se desenvolven estas actividades, que dificultan o mantemento da distancia interpersoal de seguridade, como a propia natureza das actividades, que implican en moitos casos contacto físico ou compartir equipamento, non fan posíbel que estas actividades poidan desenvolverse en condicións seguras.

Desde as Concellarías de Cultura e Deporte manteranse atentas á evolución da situación sanitaria nas próximas semanas para avaliar se nalgún momento do curso é posíbel retomalas.

Share.