Domingo, Agosto 9

Apertura do prazo de inscrición no Punto de Atención á Infancia para o curso 2020/2021

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas informa de que o próximo luns, 1 de xuño, abre o prazo de inscrición do Punto de Atención á Infancia (PAI) “As Viñas” de Cabanas para o curso 2020-2021.

As solicitudes poden tramitarse de maneira preferente pola Sede Electrónica do Concello de Cabanas ou, no seu defecto, no Rexistro municipal. En calquera dos casos, a solicitude debe estar acompañada do DNI das persoas solicitantes, libro de familia, declaración da renda do ano 2018 e unha nómina ou documento xustificativo de figurar en activo.

O prazo para a entrega das solicitudes remata o día 15, e as persoas que desexen máis información poden dirixirse ao departamento de Servizos Sociais no 981 495 959 (ext. 2).

Share.