Sábado, Outubro 31

Alerta amarela por tormentas e choiva

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa dun fenómeno meteorolóxico adverso de nível amarelo por tormentas e choiva, que afectará a toda Galiza a partir deste xoves, 17 de setembro, ás 16 horas, e que se estenderá até as 00.00h do venres 18 de setembro. Así mesmo, tamén está previsto que se repita na zona noroeste do país, afectando ao noso concello, desde o mediodía do venres 18 de setembro até última hora da tarde.

A precipitación acumulada por choiva pode acadar os 15 mm por hora, e se poden producir episodios de saraiba.

 

Share.