Actualización do listado de persoas admitidas para o curso 2020 – 2021 no PAI As Viñas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Tras a detección dalgún erro, actualízase o listado de persoas admitidas para o curso 2020 – 2021 no Punto de Atención á Infancia (PAI) As Viñas, que se pode consultar nesta ligazón.

Lembramos que a matrícula debe facerse presencialmente, e é preciso cubrir o formulario que se facilitará nas Oficinas Xerais da Casa do Concello. Ademais, é preciso presentar a seguinte documentación:

  • Dúas fotos tamaño carné.
  • Declaración da Renda correspondente ao exercicio 2019.
  • Tarxeta sanitaria.
  • Número de conta bancaria.
  • Certificado do servizo de pediatría de estar ao día no calendario de vacinación.

O prazo establecido é do 15 ao 28 de xullo.

Share.

Comments are closed.