Domingo, Xaneiro 17

Acendido das luces de Nadal en Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Esta tarde – noite iniciouse o acendido dol alumeado de Nadal nas diferentes parroquias do noso Concello.

Este ano, a selección do alumeado foi a cargo do grupo da mocidade de Cabanas, a través da concellaría de mocidade, onde a principios de novembro mantiveron unha reunión co alcalde e concelleiro de mocidade Carlos Ladra, para debater a cuestión das luces de Nadal.

De maneira unánime, a rapazada acordou a necesidade de instalar o alumeado no municipio, en especial polo impacto da COVID-19 no estado de ánimo da veciñanza, e máis aínda nas nenas e nenos.

Ademais da baixa repercusión económica para o concello, os argumentos a favor que manifestaron as rapazas e rapaces na reunión foron os seguintes:

• “Despois dun ano tan triste, a veciñanza merece luces que enchan de ledicia as rúas.
• Para nós é inimaxinable un nadal sen luz.
• Os adornos navideños atraen á xente ao noso concello para o lecer.
• As luces dan alegría e sentido cultural a esta época do ano.
• Vivir un nadal sen luces sería como se faltase algo.
• Para algunhas nenas e nenos este é o seu primeiro nadal”.

Tras o debate, o grupo decidiu sobre o tipo de alumeado que desfrutaremos na tempada de Nadal, e agardan sorprender a veciñas e veciños e sobre todo, infundir moita ilusión e esperanza.

Share.