Luns, Setembro 28

Abre o prazo para a solicitude de axudas para material escolar

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, a través da Concellaría de Educación, vén de anunciar o seu programa de axudas para material escolar, un plan que pretende fomentar a igualdade de oportunidades no dereito á educación.

O Concello de Cabanas pon 7.000 euros a disposición das familias para a adquisición de material escolar nos niveis de Infantil, primaria, Secundaria, Bacharelato e Educación Especial nos centros públicos aos que acudan.

En educación infantil subvencionarase material didáctico e escolar até 90 €, cantidade que se incrementa até os 100 € en educación primaria, 150 € en secundaria, 190 € en bacharelato e até 200 euros en Centros de Educación Especial. Por outra banda, establécense axudas para material tecnolóxico até un tope de 400 euros por unidade familiar.

“Con estas axudas o Concello compensará a aquelas familias que polas súas condicións económicas teñan máis dificultades para afrontar os gastos derivados da escolaridade”, sinalou a concelleira de educación, Diana Rodríguez.

As persoas interesadas poden presentar as súas solicitudes durante un mes a contar desde este venres, 11 de setembro.

Descarga | Anuncio convocatoria no BOP

Descarga | Bases do programa de axudas para material escolar

Share.