Sábado, Abril 20

Abre o prazo de solicitudes para a bolsa de traballo do posto de traballador/a social no Concello de Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas abre o procedemento de selección para a creación dunha bolsa de traballo para a cobertura das necesidades que se produzan no posto de traballo de Traballador/a Social, en réxime laboral temporal, en función do que dispoñan os instrumentos municipais de ordenación de recursos humanos.

Os postos vacantes que poderán ser cubertos mediante unha persoa candidata que forme parte desta bolsa, serán aqueles que se produzan como consecuencia de supostos como a substitución transitoria das persoas titulares en situación de excedencia ou acumulación de tarefas, entre outras.

O prazo de presentación de solicitudes é de sete días naturais a partir de mañá.

Descarga | Bases convocatoria

Share.

Comments are closed.