Domingo, Xaneiro 17

Aberto o prazo para solicitar ou renovar a tarxeta de residente

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas informa de que está aberto o prazo para solicitar ou renovar as tarxetas de residentes, unha acreditación que permite á veciñanza aparcar nas zonas delimitadas para tal fin, situadas no Paseo da Madalena e diante do Centro de Saúde.

As persoas que desexen renovar a tarxeta de residente, ou solicitala por primeira vez, deberán presentar a solicitude no Rexistro Municipal, preferentemente por vía electrónica a través da Sede Electrónica, accesíbel desde esta mesma páxina web.

Documentación a presentar

As persoas interesadas en solicitar a renovación ou unha nova tarxeta de residente deberán acompañar dita solicitude cuberta da seguinte documentación.

Para RENOVACIÓNS:

  • Número de tarxeta anterior
  • Copia do último recibo do seguro
  • Rodaxe

Para NOVAS SOLICITUDES:

  • Copia do último recibo do seguro
  • Rodaxe
  • Copia da ficha técnica da ITV
  • Copia do permiso de circulación

Tramitación

  • En liña (opción preferente). Acceder á Sede Electrónica > Infraestrutura viaria > Solicitude de Tarxeta de Aparcadoiro para Residentes en zonas de Estacionamento Limitado.
  • Presencialmente. Cubrir e entregar a instancia, xunto coa documentación requirida, no Rexistro os luns, mércores e venres en horario de apertura.
Share.