Aberto o prazo para participar no PIE dirixido a mulleres de Cabanas e outros sete concellos da Mancomunidade

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +
O Concello de Cabanas informa de que a Xunta de Galiza concedeu á Mancomunidade Concellos de Ferrol unha nova edición do Programa Integrado de Emprego (PIE) dirixido aos concellos de Cabanas, Ares, Cedeira, Fene, Mugardos, Neda, Narón e Valdoviño.
Este Programa Integrado de Emprego diríxese a mulleres desempregadas que cumpran con algún dos requirimentos establecidos na convocatoria, como discapacidade, risco de exclusión social, vítimas de violencia de xénero, menores de 30 anos cualificadas ou con baixa cualificación, maiores de 45 anos, perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción, beneficiarias da axuda do programa de recualificación profesional e inmigrantes.
O tenente alcalde e concelleiro de emprego, Iago Varela, puxo en valor que o programa vaia dirixido a mulleres e tamén o feito de concorrer de forma conxunta varios concellos da mancomunidade para “xuntar esforzos na loita contra o desemprego da nosa comarca”.
A Cabanas correspóndenlle catro prazas, e a selección realizarase a través do Servizo Público de Emprego. As persoas interesadas en asistir deben anotarse á maior brevidade na Oficina de Emprego da avenida de Vigo, en Ferrol, indicando o código 930 e manifestando o seu interese en participar do programa.
Share.

Comments are closed.