A Oficina de Información Turística de Cabanas atendeu 813 visitantes no mes de agosto

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Ao longo do mes de agosto, a Oficina de Información Turística (OIT) de Cabanas atendeu un total de 813 visitantes, o que supón practicamente duplicar as cifras do mes de xullo, cando se recibiron 435 persoas.

O 53% das visitas recibidas correspóndense con turistas interesadas en coñecer a zona; seguidas polas persoas que están a realizar o Camiño Inglés de Santiago (un 35%) e queren resolver dúbidas sobre aloxamentos ou selar a súa credencial; excursionistas (9%) que se achegan para pasar un día de praia ou nas Fragas do Eume e, por último, visitantes locais (3%).

En canto á súa procedencia, o 73% do total proceden de outras comunidades do Estado, o que supón un importante crecemento desde o mes de xullo. As persoas que veñen de outros concellos de Galiza supoñen o 22% do total, e o 5% correspóndense con visitantes extranxeiros.

As principais consultas refírense ás Fragas do Eume, e lugares de interese no concello e arredores, e en canto ao tipo de aloxamento preferido destacan os establecementos hostaleiros, seguidos polas autocaravanas ou furgonetas camper, e as casas de familiares en último lugar. No caso concreto das persoas que están a facer o Camiño de Santiago constatouse que, tal e como se apuntaba en xullo, seguiu a tendencia de elixir establecemetnos hostalerios fronte aos albergues nun 60% dos casos.

Camiños de Identidade

O pasado 29 de agosto presentouse o proxecto Camiños de Identidade, un novo produto turístico que conxuga o turismo de natureza co coñecemento da realidade cultural e etnográfica do concello.

Dentro deste proxecto presentouse un novo roteiro circular a pé para acceder ao Parque Natural das Fragas do Eume desde Cabanas. Este novo camiño sae da Igrexa de Santa Olaia de Soaserra e permite chegar ás persoas visitantes até o Mosteiro de Caaveiro, pasando polo medio da fraga e descubrindo o hórreo máis antigo do concello.

No acto de presentación fíxose unha mostra de taller de fiado en colaboración con Cabanas Rural, e se presentou un vídeo promocional do concello que achega ás espectadoras a coñecer a variada oferta turística do municipio.

Share.

Comments are closed.