A ITV agrícola visitará Cabanas os días 20 e 21 de xaneiro

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas informa de que a Unidade Móbil 3 (UM3) da ITV agrícola desprazarase até Cabanas os días 20 e 21 de xaneiro de 2021, situándose ao carón do Pavillón Municipal de Lavandeira.

O horario de atención deste servizo será de 09.00 a 13.30h e de 15.15 a 18.00h o día 20 de xaneiro, e unicamente en horario de mañá (de 09.00 a 13.30h) o día 21.

As persoas interesadas en acudir cos seus vehículos agrícolas a este servizo poderán solicitar cita previa a partir do 20 de decembro chamando ao teléfono 902 309 000 ou a través da páxina web www.sycitv.com.

 

Share.

Comments are closed.